publicidade hoxe

A veciñanza de Touro participa na VI Feira da Castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Feira da castaña en Touro

Feira da castaña en Touro

Os veciños e veciñas de Touro aproveitaron esta mañán a visita á ‘Feira do día 5’ en Fonte Díaz para participar no xa tradicional magosto que se celebra cada día 5 de novembro organizado polo Concello de Touro na VI Feira da Castaña. Centos de castañas asadas servíronse diante da sede do Concello de Touro dende a media mañán de hoxe. E ata alí acercáronse veciños e veciñas de todas as idades. O magosto rematou a eso das 14.00 horas. O Concello tamén fixo entrega aos participantes na dun recetario con pratos culinarios elaborados con castañas.

O Concello de Touro organiza todos os días 5 de novembro a Feira da Castaña, un froito típico destas datas. A ‘Feira do día 5’ é unha das concentracións comerciais máis populares da zona do Ulla. Todo tipo de comerciantes ofrecen os seus produtos nas rúas de Fonte Díaz. Tamén é tradicional, ademáis das castañas, probar el pulpo que ofrecen os postos das ‘pulpeiras’.

Por outra banda, a partir de mañán comezan en Touro as X Xornadas Micolóxicas. Serán  do 6 ao 9 de novembro. Son xa dez anos que o Concello de Touro presta especial atención aos cogumelos. A afección á micología tamén crece neste municipio nos últimos tempos. Nas xornadas haberá conferencias, saídas ao campo, rutas micolóxicas, exposicións, elaboración de receitas a base de cogumelos y degustación.

5 de novembro de 2014 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.