publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Sociedade Ximnástica acada varios podios no campo a través do XOGADE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraPortas
A-
A+

Na localidade de Portas celebrouse a xornada clasificatoria para o Campionato Provincial Escolar de Campo a través, pertencente á Zona de Pontevedra. Nesta primeira fase do XOGADE, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, acudiu con preto dun centenar de atletas das súas Escolas de Atletismo, que participaron en todas as categorías.

A nivel individual resaltar as vitorias de Carolina na carreira alevín feminino, Pedro na categoría infantil masculina e o dobrete a cargo de Blanca e Antía, na distancia de infantil feminino.

Tamén Mercedes na categoría benxamín feminina e Adela Ardao na cadete feminina, conseguiron a segunda posición.

Hai que destacar o cuarto posto de Tesgaye na carreira benxamín masculino, que podería pasar a ser terceiro xa que o segundo clasificado foi unha atleta do Cuntis, que correu como convidado ao non pertencer dita Entidade á Zona de Pontevedra. Esta mesma situación ocorreu na carreira benxamín feminino, con Julia que foi cuarta, pero podería ser terceira e en cadete feminino con Lucía quinta, pero que podería ser terceira.

Na clasificación por equipos, que polo momento é provisional, a Ximnástica levou a vitoria en catro categorías das oito celebradas, benxamín homes, infantil feminino e as dúas carreiras cadetes. Noutras tres categorías foron segundos, benxamín feminino, alevín masculino e infantil masculina. Por último completou o pleno dun posto no podio, en todas as categorías, o equipo alevín masculino, cun terceiro posto.

24 de novembro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.