publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Orquestra de Cámara e Coro da Escola Municipal de Música da Coruña ofrece un concerto na igrexa de Santa María da Atalaia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O próximo domingo 16 de novembro a igrexa de Santa María da Atalaia acollerá ás 19.30 horas un concerto a cargo da Orquestra de Cámara e Coro da Escola Municipal de Música da Coruña baixo a responsabilidade de Pablo Carballido del Camino, profesor de canto e Director de Coro, e Alexis Díez González de Mendoza, pianista acompañante e Profesora da Agrupación Instrumental.

Ambas formacións, Orquestra e Coro, foron concebidas para o desenvolvemento artístico do alumnado da Escola Municipal de Música da Coruña. A Orquestra, formada por alumnos coa colaboración do profesorado e o Coro, integrado por estudantes de canto e outras disciplinas.

Estas formacións comezaron a súa andaina no ano 2000 para facer realidade a estrea en España de “A Misa de Jazz” de Scott Stroman, colaborador habitual da E.M.M. e profesor da Guildhall School of Music and Drama of London. Para este evento, uniron as súas voces cos profesores do centro e coralistas doutras entidades da cidade da Coruña, ofrecendo concertos xunto a artistas de prestixio internacional como John Taylor, Kenny Wheeler e Brian Abrahams, dirixidos polo propio Stroman.

Dende entón, realizaron proxectos como o espectáculo “Gospell” de Scott Stroman, “Gloria” de A.Vivaldi, “O Mesías” de Händel ou a Banda Sonora de “Sorrisos e Bágoas” entre outros.

Teñen levado a súa música por multitude de escenarios dentro e fóra de Galicia. En recentes cursos participaron con éxito en produccións como o espectáculo “Viva Verdi” xunto á Polifónica El Eco e o Coro Cantabile no Teatro Colón da Coruña así coma na montaxe da zarzuela “María La O” de Ernesto Lecuona nas festas de María Pita.

Este domingo temos a gran sorte de contar con ambas agrupacións en Laxe, dando un concerto que consideramos de especial relevancia para a difusión da música relixiosa, lírica, etc, entre a poboación de Laxe e colindantes. Será ás 19.30 horas na Igrexa de Santa María da Atalaia.

13 de novembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.