publicidade hoxe

A exposición de fotos antigas de Carral chega a Quembre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Desde o pasado luns a mostra FOTOS PARA AS MIL HISTORIAS DE CARRAL está no Centro Sociocultural de Quembre, onde permañecerá ata o 14 de decembro.

A exposición presenta máis de 100 fotografías nas que se pode comprobar os xeitos de vida desde os anos 30 e 40 do pasado século. Hai fotografías das escolas, de actos sociais e relixiosos, de tabernas, igrexas, nas romarías, etc.

Despois de estar presente máis de catro meses no Campo da Feira de Carral e en Tabeaio, a exposición pasa por Quembre, onde se poderá ollar a calquera hora do día xa que está no exterior do centro municipal.

26 de novembro de 2014 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.