publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede 246.323 euros ao Concello de Moaña para melloras en rúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe conceder tres subvencións ao Concello de Moaña, por un importe total de 246.323 euros, para diversas obras do Plan de Infraestuturas Municipais.

Para melloras en 9 rúas de Moaña, aprobáronse 76.336 euros. Trátase de repoñer losetas e dotar rúas de badéns e bolardos. Actuarase nas rúas Ramón Cabanillas, Concepción Arenal, Daniel Castelao e Costa Alonso, Sixalde, A Xunqueira, Estrada Meira de Arriba, tramo da EP 313 dende O Portal ata A porta do cego, e tramo na Avenida de Cangas.

Para rehabilitación de tres lavadoiros e fontes, a Deputación concedeu ao Concello de Moaña 77.345 euros.  O Lavadoiro de Paradela será reparado e dotado de cuberta de tella cerámica, mellorarase a súa estrutura e urbanizarase o entorno. No Lavadoiro de Abelendo, actuarase na reforma e recuperación do lavadoiro e fonte e tamén se dotará de nova cuberta de tella e urbanizarase o entorno. Finalmente, no Lavadoiro de Tirán tamén se actuará de xeito similar no conxunto de lavadoiro e fonte.

Finalmente, a terceira axuda concedida é para abastecemento de auga no barrio de Broullón cunha inversión de 92.642 €. Rematada a execución do depósito de auga situado no propio barrio,  procederase agora a executar a rede de distribución polo vial de Broullón. A obra dotará dun servizo urbano obrigatorio para uso residencia aos veciños.

21 de novembro de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.