publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo saca a licitación a rehabilitación das pallozas de Piornedo por 160.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A Deputación de Lugo saca a licitación as obras para a recuperación das pallozas de Piornedo, no municipio de Cervantes, por un importe global de 160.000 euros.

Así se aprobou na xunta de goberno da institución provincial celebrada este venres, segundo informou o portavoz socialista, Manuel Martínez.

Ademais, detallou que haberá un orzamento de 100.000 euros para a adquisición de palla de centeo para os 730 metros cadrados das cubertas destas construcións prerromanas, que están declaradas Ben de Interese Cultural (BIC).

E, tras apuntar que “a totalidade dos traballos” necesarios nas ‘pallozas’ e os servizos de saneamento e iluminación en Piornedo suman 260.000 euros, resaltou que a Deputación financia o 65,5 por cento mentres a Xunta só inviste o 34,5 por cento.

“Hai que recalcar que eses 160.000 euros son de fondos propios, mentres que do 34,5 por cento que achega a Xunta, dos outros 100.000 euros, o 80 por cento son fondos Feder”, salientou, sen deixar re lembrar que a rehabilitación debería correr a cargo do Goberno autonómico.

MÉDICO PARA RIOTORTO

Finalmente, o portavoz nacionalista do bipartito provincial, Mario Outeiro, anunciou que a institución da que forma parte fai “súa” a demanda do Concello de Riotorto a través dunha moción aprobada polos tres grupos municipais (BNG, PSOE e PP) para demandar á Consellería de Sanidade que, “coa maior urxencia, cubra a praza médica vacante no centro de saúde”.

E é que, como explicou, agora tan só traballa un médico neste centro, tendo en conta que non se cubriu a praza doutro facultativo o pasado mes de setembro.

21 de novembro de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.