publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo colabora co Courel na Festa da Castaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do CourelLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo colabora co Concello do Courel na organización da Festa da Castaña, que hoxe chega á súa 27ª edición. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, que participou nas xornadas, declaradas de Interese Turístico Galego, destacou que, coa axuda económica a esta cita festiva, que recibe 4.000 euros do organismo provincial, “contribuímos a difundir e mellorar a comercialización dos produtos autóctonos de calidade, como o da castaña, para crear novas oportunidades de futuro para revitalizar a economía do Concello e da provincia”. Do mesmo xeito, a Deputada lembrou que a institución luguesas leva impulsado o sector da castaña a través de proxectos como o de Recuperación de Soutos.

A festa arranca ás 13:00 horas coa lecturta do pregón por parte do xornalista Paco Rivera, acompañado polo grupo de música tradicional Gaitas e Cantores do Courel. Durante toda a xornada haberá degustacións gratuítas de castañas asadas e viño, xunto con actividades para os máis pequenos organizadas polo grupo de animación infantil Imaxinatia. A música irá da man da Charanga TNT, que amenizará o evento.

10 de novembro de 2014 | 14:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.