publicidade hoxe

A biblioteca de Sober promove o ‘Faladoiro dos luns’ para preservar as tradicións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Sober vén de aceptar a proposta dun grupo de persoas adultas dispostas a contar e compartir experiencias propias e sabedoría como un modo de preservar as tradicións. O 24 de novembro comezarán os ‘Faladoiros dos luns’, unha actividade sociocultural aberta a todos e todas aqueles que teñan unha habilidade persoal e estean dispostos a compartila para que non se perda.

A cita será todos os luns ás 16:30 horas no Centro Sociocultural de Sober. Os organizadores animan aos veciños e veciñas a que participen e compartan as súas destrezas, tales como a calceta, receitas, trucos de reciclaxe, adornos de Nadal, etcétera.

A primeira das propostas para o luns 24 céntrase na temática de Nadal, na que os participantes poidan compartir consellos sobre a decoración, así como historias e lendas sobre esta celebración e cómo ten evolucionado.

Os interesados en formar parte deste novo proxecto poden obter máis información no Centro Sociocultural de Sober ou nos números de teléfono 982460513/982460414.

22 de novembro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.