publicidade hoxe

Xornada da Fundación Azkar no Centro Penitenciario de Monterroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterroso
A-
A+
Xornada de traballo no Centro Penitenciario de Monterroso

Xornada de traballo no Centro Penitenciario de Monterroso

Esta tarde tivo lugar no Centro Penitenciario de Monterroso a tracicional xornada de traballo que a Fundación Azkar está levando a cabo dende fai xa moitos anos, a fin de axudar na reinserción social dos reclusos do centro.

A tarde comezou cunha charla sobre hábitos de saúde e consellos de actividade física e os beneficios da mesma impartida polo preparador físico da Fundación Azkar, Angel Pérez que o acompañado polo seu xerente Ivan Pico.

Posteriormente, o primeiro equipo Azkar Lugo FS xogou un amistoso contra un equipo de internos no que o resultado non era o importante, pero o apretado  3-4 a favor do Azkar Lugo FS fixo vibrar á multitude de internos presente nas bancadas .

A colaboración da Fundación Azkar e o Centro Penitenciario de Monterroso permanece sento moi asidua tras 13 anos consecutivos de visitas ao centro e xa se está a traballar para continuar facendo outros proxectos con esta finalidade.

1 de outubro de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.