publicidade hoxe

Xestur Galicia vende tres parcelas na Cidade do Transporte de San Cibrao das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSan Cibrao das Viñas
A-
A+

Xestur Galicia vén de proceder á venda en escritura pública de tres parcelas da Central de Transportes de San Cibrao das Viñas (Ourense), cunha superficie total de 4.500,20 metros cadrados.

Unha vez realizada esta venda, na Central de Transportes quedan dispoñibles catro parcelas que supoñen un total de 35.553 metros cadrados. Dúas destas parcelas están destinadas a uso loxístico e as outras dúas a carga fraccionada. Cabe salientar que a meirande parte do solo dispoñible para venda se empraza nunha única parcela de uso loxístico cunha superficie de 31.860 metros cadrados, mentres as outras tres oscilan entre 1.494 e 5.338 metros cadrados.

O prezo de venda das parcelas é de 69,03 euros por metro cadrado, sobre os que se poden aplicar diversos descontos establecidos por Xestur:

– 10 por cento con carácter xeral
– 2 por cento no caso de adquirir dúas ou máis parcelas.
– 3 ou 5 por cento por pronto pago: 3 por cento se o importe da venda é inferior a 500.000 euros. En caso de que o importe supere esa cantidade o desconto será do 5 por cento.
– 3 por cento no caso de traslado de industrias existentes emprazadas en naves fóra de ordenación.

Ademais é posible o pago aprazado, pagando ao contado o 30 por cento do importe da operación e aprazando o 70 por cento restante ata un máximo de sete anos.

21 de outubro de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.