publicidade hoxe

Volve a normalidade despois da falsa alarma de bomba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Os traballadores das instalacións desaloxadas na mañá deste venres en Vigo regresaron a estas tras confirmar a Policía Nacional que se trataba dunha falsa ameaza de bomba despois de rastrexar a zona.

   Así o confirmaron fontes policiais, que sinalaron que se deu por finalizado o operativo tras revisar a zona e non atopar ningún artefacto.

   Deste modo, o desaloxo durou sobre hora e cuarto tras recibir a empresa Bosch Communication Center o aviso de bomba, que resultou ser falso.

   O edificio de varias plantas, situado no número 183 da Avenida de Madrid, onde traballan unhas 800 persoas, e a gasolineira próxima foran desaloxados tras recibirse o aviso na citada empresa.

   En concreto, ás 11,13 horas deste venres a empresa avisou o servizo de emerxencias 112 de que recibira unha chamada na que advertían da suposta colocación dunha bomba nas instalacións. Por iso, a propia empresa procedeu a desaloxar o inmoble.

   Ao lugar desprazáronse efectivos de Seguridade Cidadá e técnicos de desactivación de explosivos (Tedax), para revisar a zona. Ademais, foi mobilizada a Policía Autonómica.

24 de outubro de 2014 | 14:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.