publicidade hoxe

Vedra acollerá unha xornada formativa para asociacións e rutas enoturísticas esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

VENRES 17 DE OUTUBRO: Xornada informativa para as asociacións do Concello, ás 20 h na biblioteca de Vedra.

Trátase dunha oportunidade para tratar en conxunto as dúbidas, problemas, exemplos do proceso de   xustificación das subvencións solicitadas polos diferentes colectivos asociativos.

DOMINGO 19 DE OUTUBRO: Ruta enoturística en Bicicleta polos viñedos da ribeira do Ulla en Vedra

Se queres probar un plan diferente, propoñémosche un paseo en bicicleta entre viñedos, cunha degustación de viños acompañada de produtos da zona e unha explicación dos diferentes procesos da vendima e da elaboración dos caldos.

A túa experiencia vitivinícola iniciarase cunha ruta en bicicleta entre viñedos acompañado/a por un guía que che indicará o camiño ademais de ofrecerche información da zona e da cultura do viño. Tras isto, visitarás unha adega e explicaranche o seu funcionamento e proceso de elaboración. A continuación realizarás unha degustación dos viños, que poñerá o punto e final a esta xornada onde ao tempo que fas deporte coñeces o mundo da viticultura.

Actividade para grupos de entre 4 e 10 persoas (máis de 10 persoas consultar)

A ruta inclúe: bicicleta, casco, botella de auga, visita + degustación en adega de viños e produtos da zona e guía local.

Duración: 4 horas

Prezo: 15 € persoa.

Opcional: comida en establecementos da zona

Para máis información e reservas: 981 814 691 ou casadospeons@concellodevedra.com

 

14 de outubro de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.