publicidade hoxe

Uns 400 deportistas participan nas Escolas Deportivas de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Preto de 400 deportistas participan nas Escolas Deportivas que organiza o Concello de Soutomaior para a tempada 2014-2015. Desde o 6 de outubro até o 30 de maio desenvólvense distintas actividades deportivas para nenos e para adultos, contando todas elas con monitores titulados e seguros médicos deportivos.

O incremento de participantes deste ano foi espectacular medrando a participación en máis dun 25% con respecto a anos anteriores.

A actividade deportiva infantil máis numerosa é a de patinaxe con 105 nenos e nenas sendo a actividade gratuíta xa que está encadrada nas Escolas Deportivas da Deputación Provincial.

En adultos a participación máis numerosa é a de clases de pádel con 54 alumnos/as en distintos niveis de destreza.

A actividade física para adultos, onde están inscritas 20 participantes, desenvólvese de martes a venres de 20 a 21 horas sendo unha das actividades que aínda quedan prazas para inscribirse.

Na iniciación ao deporte, onde existen tres grupos clasificados por idades, case chegan ao centenar de inscritos aos que hai que sumar os 20 nenos e nenas que participan na actividade de multideporte que é un paso previo para que os máis novos estean preparados para competir dentro dun de 17 clubs deportivos que existe no Concello de Soutomaior.

A actividade de natación inclúe o traslado en autobús con acompañante á piscina olímpica de Ponte Muiños en Pontevedra e no prezo de inscrición só está incluído o traslado xa que o uso da instalación olímpica está subvencionada novamente pola Deputación Provincial.

Tenis, baile moderno, Ximnasia Rítmica e acrobática, etc. son outras das ofertas deportivas que se ofrecen desde o Concello de Soutomaior enmarcadas nas Escolas Deportivas 2014-2015.

Como todos os anos o festival de clausura celebrarase no Pavillón Municipal o último sábado do mes de maio.

28 de outubro de 2014 | 14:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.