publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha vertedura de gasóleo causa o corte dun carril da A-8 en Lourenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLourenzáLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un carril da A-8 ao seu paso polo concello lucense de Lourenzá foi cortado ao tráfico por mor dunha vertedura de gasóleo procedente dun camión que sufriu un accidente.

   Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 3.20 horas deste venres e até o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil, Seprona, Policía, Consellería de Medio Ambiente, Bombeiros, GES e Protección Civil. Tamén foron alertados os concellos de Lourenzá e Barreiros.

   O accidente, que consistiu nunha saída de vía dun camión cisterna, non ocasionou danos persoais. Con todo, a carga do camión –1.200 litros de gasóleo– quedou derramada pola vía, o que obrigou a cortar un carril ao tráfico.

10 de outubro de 2014 | 10:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.