publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario resulta ferido na Coruña ao caerlle unha ventá na cabeza e outro ao precipitarse de altura en Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMeisPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador resultou ferido este mércores nun accidente laboral rexistrado ao caerlle enriba da cabeza unha ventá na Coruña e outro operario ao precipitarse dunha altura na localidade pontevedresa de Meis.

Segundo os datos facilitados polo 112, sobre as 10,00 horas rexistrouse un accidente laboral ao caerlle a un traballador unha ventá na cabeza e quedar inconsciente tras o golpe na Coruña.

O 061, segundo sinalaron fontes sanitarias, mobilizou unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Modelo ao ferido, C.F.S., de 49 anos de idade, policontusionado.

Mentres, sobre as 9,56 horas aconteceu outro accidente laboral cando un operario caeu dende unha altura de tres metros mentres traballaba no Mercado de Gando de Meis.

Neste caso, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada e outra asistencial, que foi a que levou ao Hospital Montecelo ao ferido, un home duns 47 anos de idade.

29 de outubro de 2014 | 14:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.