Teatro Meridional leva a escena os Cosmicómicos de Italo Calvino na Coruña
Teatro Meridional presenta este xoves 23 e o venres 24 ás 21:00 horas QFWFQ, una historia del universo. Trátase dunha adaptación dos Cosmicómicas de Italo Calvino que dirixe Álvaro Lavín, a adaptación do texto corre a cargo de Julio Salvatierra.
Teatro Meridional achéganos esta serie de contos de Italo Calvino que destaca polas súas historias imaxinativas e sorprendentes. A obra amósanos a unha humilde familia de campesiños, encabezada polo señor qfwfq que nos introducirá temas coma o nacemento do universo, a condensación da materia ou a formación da luz e das estrelas.
Elvira Cuadrupani, Álvaro Lavín, Chani Martín e Marina Seresesky dan vida aos fantásticos personaxes de Calvino nesta proposta que xa se presentou en máis de 12 países e que viron máis de 120.000 espectadores. Unha obra que nos achega á ciencia e que nos emociona a través duns personaxes perfectamente construídos. A acción transcorre nunn escenario practicamente espido cun fondo de pantalla no que se proxectan imaxes que a acompañan e a enchen de poesía.