publicidade hoxe

Sober avanza na eliminación dos vertedoiros incontrolados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober continua cos traballos de limpeza e eliminación dos vertedoiros incontrolados existentes no municipio. En concreto, van ser erradicados un total de 15 puntos de verquido, actuando na recuperación de varios espazos que suman 2.200 metros cadrados.

Polo de agora tense actuado en A Áspera (Neiras) e Lama Longa (Refoxo). Os traballos atópanse avanzados en A Lama da Regueira e Santabaia (Canabal) e continúan en Moreda e Penavión (Vilaescura). Unha vez rematada esta actuación a intervención farase en San Martiño de Anllo, Proendos, Bulso, Santa Curz de Brosmos, Figueiroá, Pinol, Liñarán, Gundivós e Millán.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, fai unha chamada á colaboración da veciñanza para que estes puntos incontrolados non se volvan crear. Así mesmo, avanza que contará coa colaboración do Seprona, a Policía Autonómica e a Garda Civil para vixiar que non se fagan novos vertidos en espazos non autorizados nin habilitados para tal fin.

Os puntos de vertedura incontrolada son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de moi distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona no contorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético.

A Xunta inviste 67.000 euros no proxecto, que se inclúe dentro dunha campaña que desenvolve a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en toda a comunidade para erradicar máis de 100 puntos inventariados. A limpeza destes espazos permitirá minimizar e corrixir os impactos orixinados, logrando a integración do lugar co seu entorno e eliminar o hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo nestes lugares.

14 de outubro de 2014 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.