publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Salvemos Cabana lamenta a falta de criterio de PPdG e PSdG na reforma da lei mineira de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de BergantiñosLocal Portada
A-
A+

O actual texto lexislativo prima a actividade mineira sobre outros sectores produtivos, introducindo erroneamente o concepto de “minaría sostible” e/ou “desenvolvemento sustentable” das actividades extractivas, que non deberían ser cualificadas deste modo debido a que non son perdurables no tempo.

Douutra banda, baixo ningunha circunstancia pode falarse de “sostibilidade” ou “sustentabilidade” ambiental no sector mineiro pois o propio termo fai referencia á compatibilidade entre as actividades humanas e a preservación da biodiversidade e os ecosistemas, valorando o consumo de recursos non renovables, así como a xeración de residuos e emisións.

De feito, a actividade mineira, en especial a que se desenvolve a grande escala, está recoñecida como a maior ameaza para o medio ambiente e os ecosistemas despois do quencemento global, e xeradora de importantes impactos socioculturais. Unha actividade insostible por definición, xa que a explotación do recurso supón o seu esgotamento.

UNHA NORMA EN ABSOLUTO GARANTISTA

Resulta lamentable a falta de criterio dos dous principais partidos ante unha norma que por exemplo, permite “acordar con carácter excepcional, logo de xustificación do interese público, o outorgamento de dereitos mineiros en caso de informes preceptivos desfavorables” (artigo 4 c), afirmación que de xeito potencial pode servir para aprobar calquera tipo de proxecto mineiro por enriba de criterios ecolóxicos ou sociais.

O PPdG obviou dende a súa tarefa de goberno, ademais, a creación do Consello da Minaría tal e como recolle o artigo 6, como organismo de control e regulación de calquera actividade mineira desenvolvida en Galicia, co obxectivo de anular a participación social e a aparición de voces críticas con determinados proxectos extractivos.

Pero quizais sexan os artigos 11 e 12, sobre o Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia (PSAEG), os que necesiten unha maior rectificación, pois o maior erro de da Lei 3/2008 é precisamente a atribución de plenos poderes ao PSAEG ao tratarse dun plan e incidencia supramunicipal que prevalece mesmo sobre os plans urbanísticos de zona que inclúe a “máxima simplificación administrativa na tramitación dos expedientes mineiros”, establecendo unha clara preferencia da actividade mineira por enriba doutros sectores produtivos e dando vía libre de facto a un proceso liberizador ao diminuír o control sobre o público e primar unicamente os criterios empresariais e económicos.

Nos artigos 22 e 24, sobre os informes municipais preceptivos e a compatibilidade dos dereitos mineiros cos usos de interese público confírmase novamente a clara vantaxe das industrias extractivas que a lei 3/2008 establece fronte á ordenación municipal e outras actividades produtivas, pois deste modo e na práctica o ámbito mineiro decide, e os outros sectores implicados han de acatar a súa decisión en condicións puramente impositivas.

Finalmente, o artigo 33, sobre o seguro de responsabilidade civil, fixa a obrigatoriedade da persoa titular de calquera dereito mineiro a contratalo nun prazo de 30 días “contados dende a notificación da resolución de outorgamento, para facer fronte aos danos que lles poidan causar ás persoas, aos anivales aos bens ou ao medio ambiente”. Neste sentido, dende Salvemos Cabana consideramos que a responsabilidade civil e os custos do conseguinte seguro, terían que ser motivo de consideración previa á notificación do outorgamento, non a posteriori. Porque precisamente do que se trata é de previr coñecendo a competencia da empresa para afrontar o requirimento máis importante de calquera proxecto extractivo: o da seguridade e capacidade de acción fronte a un hipotético accidente.

29 de outubro de 2014 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.