publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rueda clausura o ‘I Encontro AGEO para a competitividade do sector’ no Balneario de Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz-Balneario
A-
A+
Alfonso Rueda na clausura do evento

Alfonso Rueda na clausura do evento

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do sector do xogo para a economía galega e para a creación e consolidación de emprego e asegurou que o Executivo autonómico seguirá apoiándoo a través de propostas que conxuguen os intereses dos operadores co interese xeral.

Rueda clausurou o I Encontro AGEO para a competitividade do sector, que se celebrou no Balneario de Mondariz baixo a dirección da Asociación Galega de Empresas Operadoras. Alí lembrou que o traballo conxunto entre a Xunta e esta asociación permitiu desenvolver novidades positivas para o sector do xogo e para todos os cidadáns.

Así, por exemplo, a Xunta modificou os seus regulamentos para adaptalos aos requisitos da Directiva Europea de Servizos, eliminando trabas administrativas que eran excesivas e limitaban a capacidade de manobra das empresas. En 2012 aprobou o regulamento galego de apostas -fomos a sexta comunidade en telo en vigor- e hoxe en día este subsector traballa con notable éxito, mentres outras comunidades veñen de aprobar os seus decretos.

Tamén se modificou o regulamento de máquinas para permitir os sistemas de interconexión entre elas e o do xogo do bingo, co obxectivo de regular a súa modalidade electrónica e para poder efectuar axilmente mediante orde os cambios sobre cartóns e premios que o seu dinamismo require.

No relativo á normativa tributaria, esta se reordenou nun único texto refundido, eliminando normas obsoletas e incorporando unha medida reclamada polo sector: o devengo trimestral do pago da taxa fiscal. Ademais simplificouse o proceso de pago, a través de dúas ordes deste mesmo ano que regulan o pago electrónico da taxa fiscal tanto das máquinas como do bingo.

30 de outubro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.