publicidade hoxe

Ponteatro continúa con “A Tempestade” inspirada na obra máis completa de Shakespeare

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPontevedra
A-
A+

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentou esta mañá o espectáculo “A Tempestade” de Voadora, acompañada pola súa directora, Marta Pazos e Hugo Torres, integrante do elenco e compositor musical.

A segunda das 7 pezas que componen este ano o ciclo Ponteatro, está baseada no texto de Shakespesare e conserva os diálogos orixinais do autor, recitados sobre un colchón inchable e levado a escena cun elenco extravagante composto por 9 persoas.

A concelleira, convidou a todos os amantes do teatro a asistir mañá ás 21h a representación no Pazo da Cultura “e aos que non son amantes tamén, xa que coido que este é un deses espectáculos que enganchan”. As entradas pódense adquirir anticipadamente en servinova a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados) e dúas horas antes na billeteira do Auditorio.

Pola súa banda, Marta destacou un fenómeno que estaba a ter lugar entre o público asistente: amosan a súa vontade de voltar a ver o espectáculoe de ler a obra orixinal de Shakespeare, xa que non é das mais coñecidas, especialmente o público máis xove”. Precisamente ese público, será o que asista á función concertada con escolares de secundaria de centros de Pontevedra, O Grove e Caldas, prevista para ás 11:30 horas.

Logo de 3 anos de traballo, xa que a nivel produción e o seu espectáculo máis grande, cun elenco de 9 actores, estrearon en xuño na apertura do prestixioso evento internacional Festivais Gil Vicente de Guimarães. A TEMPESTADE estivo programado este verán no FRINGE MADRID considerado o festival máis arriscado das artes escénicas e no Festival Clásicos en Alcalá ofrecendo unha función no Corral de Comedias un dos teatro máis antigos de Europa en activo desde 1601.

En xullo chegou a Galicia inaugurando a XXX MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e agora abre a tempada 2014/15 do Salón Teatro de Santiago onde comezou a xira de outono cun total de 21 funcións en Compostela, Ourense, Pontevedra, Carballo, A Coruña e Arteixo. Como destaca a súa directora “deseñamos unha unha xira longa para favorecer o echegamento do publico e unha tracectoria que o conslidase. Facer tempada de 3 semanas en Santiago, fortaleceu o espectáculo”.

Na súa intervención, Hugo Torres quixo destacar o pracer de “traballar con toda a xente que queríamos: actores e elenco artístico tamén fóra do escenario. Unha xeración de novos creadores que levan traballando 10-15 anos, algúns no extranxeiro, e conseguimos xuntalos”.

Un deses casos é o de Fernando Elpede, afincado en Berlín, encargado da adaptación do texto e parte do elenco. Sobre o seu traballo e o acabado da obra Marta dí: “Fixo unha adaptación espectacular e mais tendo en conta que traballamos vía Skype. Quitou partes redundantes, e construíu unha parte nova que fala da historia da propia compañía. Fala do teatro dentro do teatro. A estética é a da compañía, o texto e o orixinal: O espectáculo ten sorpresas, matrioskas dentro que parten da idea de Shakespeare… Nós xogamos con con esa idea e a estilizamos”

22 de outubro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.