publicidade hoxe

Os socialistas vería perfecta a oferta de Gestamp para Astano aínda que recordan que o estaleiro está para construír barcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Europa Press

A deputada do PSdeG Marisol Soneira opinou este venres que “calquera proxecto serio, sólido e con bases reais” que ofreza “postos de traballo e xeración de riqueza” en Ferrolterra sería “perfecto”.

É máis, preguntada en rolda de prensa sobre a proposta da corporación Gestamp de alugar parte das instalacións da antiga Astano para fabricar torres para a eólica mariña, segundo publica ‘La Voz de Galicia’, a socialista remarcou que se “non entra en contradición coa actividade alí instalada” contará co seu visto bo.

Con todo, apelou a “non perder a perspectiva” de que Navantia -da que forma parte o estaleiro de Fene- está “para construír barcos” e de que “a primeira obriga” do Goberno é “buscar carga de traballo” para esta empresa pública.

Dito isto, a veterana parlamentaria deixou claro que estas son as súas primeiras impresións sobre o proxecto, que agora debe ser concretado. “E, de momento, descoñezo en detalle a proposta”, finalizou.

31 de outubro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.