publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os rexedores de Deza, Tabeirós, Montes e Lérez reúnense para avanzar na elaboración dun plan de reequilibrio territorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAgoladaCampo LameiroCerdedoCotobadeDozónForcareiLalínLocal PortadaPontevedraRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+
Reunión na reitoría de Vigo

Reunión na reitoría de Vigo

Fixar poboación no interior de Galicia, reequilibrar o territorio e proporcionarlle recursos a aos concello do interior que nas últimas décadas viron como as súas parroquias foron quedando cada vez máis desertas porque os seus habitantes emigraron paulatinamente cara ás áreas urbanas. Esta é a idea e o obxectivo que dende xa persiguen de xeito conxunto a Universidade de Vigo e os dez concellos da comarca do Deza, Tabeirós, Montes e Lérez.

Fixar poboación no interior de Galicia, reequilibrar o territorio e proporcionarlle  recursos a aos concello do interior que nas últimas décadas viron como as súas parroquias foron quedando cada vez máis desertas porque os seus habitantes emigraron paulatinamente cara ás áreas urbanas. Esta é a idea e o obxectivo que dende xa persiguen de xeito conxunto a Universidade de Vigo e os dez concellos da comarca do Deza, Tabeirós, Montes e Lérez.

Este mércores celebrouse unha nova xuntanza de traballo, despois dunha primeira en Lalín na que partriciparon o reitor de Vigo e o alcalde de Lalín e no prazo dun mes haberá sobre a mesa un guión no que se definirán xa os investigadores concretos que van participar, grupos de seguimento, prazos de actuación, así como o orzamento que implicará a realización do estudo. Será un proxecto “moi pragmático e apegado á realidade” que se encargarán de elaborar investigadores das tres universidades galegas  coordinados e liderados polo economista Santiago Lago, director de Gen, e no que se buscará a implicación tanto de alcaldes como do resto de axentes de cada un dos concellos.

“Somos conscientes de que non será fácil, pois estamos a falar dunha serie de actuacións a nivel supramunicipal, pero o que temos claro é que algo absolutamente necesario”, subliñou tras o encontro José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, que actuou como voceiro do resto de alcaldes que participaron na reunión: Luís López, de Rodeiro; Ramiro Varela, de Agolada; José Balseiros, de Cercedo; José Carlos López, de A Estrada; Belén Cachafeiro, de Forcarei; Jorge Cubela, de Cotobade; Julio Sayáns, de Campolameiro “e tamén os alcaldes de Vila de Cruces, Dozón e Silleda que, aínda que non puideron finalmente asistir, están de acordo con nós nesta filosofía”, subliñou Crespo. 

O rexedor lalinense indicou que “temos que artellar ferramentas e medidas para cambiar a tendencia e o fluxo que se marcou de marcha de xentes do rural ao urbano para que se invirta ese proceso migratorio e xente das cidades volte ao interior”.

Obxectivo: conseguir á volta a unha Galicia rural chea de posibilidades

A reunión tivo lugar no despacho do reitor, Salustiano Mato, quen aproveitou a presenza dos responsables locais para agradecer a confianza depositada na Universidade e comprometerse a pór en marcha un plan de traballo “no que se fará ver o talento das tres universidades galegas” e no que se describa, de forma clara e moi práctica, cales son as solucións para conseguir o que denominou “un auténtico equilibrio territorial en Galicia”.

“Nós entendemos que o interior necesita un revulsivo e non falo para o longo prazo, senón para o futuro máis inmediato”, subliñou o voceiro dos alcaldes, José Crespo, que explicou que unha vez que os concellos teñan o estudo na man se empezará a traballar coas distintas administracións, tanto coa Xunta de Galicia como co Goberno central e as deputacións para tentar cambiar a inercia do que estivo a acontecer ata agora. “Nós simplemente queremos que os nosos concellos sigan a ser o que foron e que vaian a máis. Temos recursos e moitas posibilidades e estamos seguros de que hai moitas persoas que están desexando volver ao campo. Por que non tentalo?”, subliñou Crespo, ao tempo que recalcou que de non tomarse as medidas oportunas a franxa cantábrico-atlántica estalle a quitar posibilidades ao interior, un erro que prexudica ao conxunto de Galicia. “Estou convencido de que coas medidas oportunas podemos inverter a tendencia, e lograr que agora o éxodo sexa das urbes cara o rural”, recalcou o rexedor de Lalín.

Dúas fases para un plan de traballo “con sentido de país”

En canto a posibles prazos, Santiago Lago, que asistiu á xuntanza acompañado pola coordinadora de GEN Lucía Ferreira, subliñou que nunha 1ª fase se tratará de definir unha análise global para o conxunto da Galicia interior, referíndose con este termo, “a todo aquilo que non é AP9 nin as áreas urbanas das principais cidades, lugares que comparten problemáticas e preocupacións”. Despois, tras a realización desa análise, á que o investigador se referiu como “percha global que teña coherencia e sentido de país”, porase en marcha unha segunda fase de definición de espazos nos que poida traballar todo o territorio rural galego. “Xa nesta segundo etapa o grupo de traballo terá que botar man de especialistas específicos e, por suposto, dos alcaldes e das persoas de cada territorio”, subliñou Salustiano Mato, que recalcou a importancia de “involucrar á poboación de cada un dos municipios para o que plan teña éxito”.

“A nosa prioridade será atender ás necesidades e facer as suxestións que corresponden aos territorios dos alcaldes que hoxe están aquí connosco”, subliñou Santiago Lago, que insistiu na necesidade de facer propostas que se integren “dentro desa percha global ou estratexia de país da que falaba antes”.

29 de outubro de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.