publicidade hoxe

O Partido Popular espera que se concrete o proxecto de Gestamp en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Europa Press

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, espera que o interese da Corporación Gestamp en instalarse en Navantia Fene cun proxecto de eólica mariña se concrete. “Parece un proxecto solvente, importante, para conseguir que en Ferrol rompa con ese monocultivo industrial que sufrimos e vivimos, nesa dependencia absoluta do sector naval”, apuntou.

En declaracións aos medios no Parlamento galego, Tellado sinalou que se valora a posibilidade de instalarse aparte de en Fene, en Portugal e en Reino Unido, e espera que tras as historia da zona de “perdas de oportunidades nos últimos 30 anos” salga adiante “unha posibilidade de lograr esa tan ansiada diversificación industrial pola que aposta a bisbarra de Ferrolterra”.

Así, espera que na antiga Astano, sobre a que pesa un veto civil para a construción que rematará o próximo 1 de xaneiro, poida haber un proxecto que “suporía a creación de 500 postos de traballo”, cunha inversión próxima aos 100 millóns de euros”.

Por iso, Miguel Tellado instou a “todos os partidos políticos e institucións” a apoiar este proxecto para que “finalmente se instale en Galicia e non marche desta Comunidade”.

Ao respecto, valorou á Corporación Gestamp como “un grupo industrial potente”, que “está en 20 países”, que “conta cun equipo de 30.000 empregados” e que “ten 100 plantas industriais” en todo o mundo”.

31 de outubro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.