publicidade hoxe

O Grupo ‘Elefante Elegante’ leva a Touro a obra ‘Lobo bobo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTouro
A-
A+

O Grupo de Teatro ‘Elefante Elegante’ levará mañán xoves, día 23 de outubro, a obra ‘Lobo bobo’ a Touro. A representación, organizada polo Concello de Touro, será no Colexio Fonte Díaz e está destinada para nenos de tres a sete anos. Os organizadores pregúntanse “qué pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano ou se a madrasta de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello”. A resposta a estas e outras preguntas poderase descubrir da man de ‘Elefante Elegante’, coa obra ‘Lobo bobo’, dentro do Programa ‘Ler conta moito’.

22 de outubro de 2014 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.