publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación da transferencia a prol do Concello de Negreira das avenidas de Santiago e da Barcala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNegreira
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade duns treitos de dúas estradas autonómicas Negreira-Negreira (AC-447), e Negreira-A Pereira (AC-546), a prol do Concello de Negreira.

Trátase do tramo coñecido coma avenida de Barcala, treito inicial da AC-546, de 510 metros de lonxitude; e a denominada avenida de Santiago, treito final da AC-447, de 1,25 km de lonxitude.

Os dous treitos presentan características de vía urbana cun tráfico eminentemente local, dado que actualmente o tráfico de longo e medio percorrido canalízase a través da variante de Negreira, alternativa viaria que proporciona un mellor nivel de servizo.

A tenor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas. Neste caso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais.

Correspóndenlle ao Concello de Negreira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

A continuación, un plano no que se amosan os treitos que se van transferir ao Concello de Negreira.

31 de outubro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.