publicidade hoxe

O Concello de Verín convoca o concurso de carteis Entroido 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Co obxectivo de publicitar as festas do Entroido, en consonancia co seu espírito participativo e popular, o Concello de Verín promove un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas.

As bases para participar en devandito concurso son as seguintes:

1º.- Poderán concorrer os/as autores/as que o desexen, co número de traballos que estimen oportunos, orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior.

2º.-Os traballos presentados terán como única identificación un lema. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación. O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor/a, e información co nome artístico -de estimalo oportuno-, enderezo actual e teléfono. Os sobres abriranse despois da decisión do Xurado. Os /As participantes asumen a responsabilidade derivada de plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente sobre dereitos de autor na que poidan incorrer cos traballos que presenten.

3º.- O formato único será vertical con tamaño de 50 x 70 cm (non servirán formatos proporcionais). Presentaranse montados sobre un bastidor ríxido. Non existirán límites de tintas nin técnicas. No caso de que a obra sexa presentada con sistemas informáticos, aportarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, o correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e no seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.

4º.- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as colores utilizadas.

5º.- As obras levarán como único texto ENTROIDO 2015-VERÍN. Do 05 ao 22 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional.

6º.- A liberdade estética no tratamento do cartel quedaralle limitada ao/á autor/a pola temática, que deberá estar inspirada nas características do Entroido de Verín.

7º.- A data límite para a presentación dos traballos é o 21 de novembro de 2014. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín.

8º. – O Xurado Cualificador encargado de seleccionar o cartel gañador estará conformado polos seguintes integrantes: un representante de cada partido político da corporación municipal (un total de tres), un representante do mundo do cigarrón, dous artistas locais ou profesores de pintura, un representante da carroza galardoada en 2014, un representante da comparsa galardoada 2014 e voto popular (este voto, ademais de resolver un posible empate, reflectirá o resultado do proceso electivo celebrado previamente, por parte dos cidadáns, para seleccionar o mellor cartel dos participantes. Durante as datas de exposición dos mesmos, do 24 de novembro ao10 de decembro, os veciños/as poderán votar, previa presentación do DNI, o deseño que máis lles guste -outorgándolles tres, dous e un punto a tres dos carteis participantes-, o que máis votos obteña será o cartel que represente o voto popular).

9º.- As decisións do Xurado serán inapelables e faranse públicas a través dos medios de comunicación. De estimalo necesario, o Xurado poderá propor melloras a algún dos traballos presentados para, de ser aceptadas polo/a autor/a, premialo; ou poderá propor que o concurso quede deserto. Todos/as os/as que concursen recibirán información por escrito dos acordos do Xurado. O Concello de Verín corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras e resérvase a facultade de incluír logotipos ou anagramas na composición definitiva do cartel.

10º.- O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros. A obra premiada será cedida en propiedade polo/ autor/a, a partir do momento da entrega da dotación económica, ao Concello de Verín, que posuirá, entre outros, os dereitos de reprodución, difusión e transmisión. A dotación económica do premio estará sometida á normativa fiscal que proceda aplicar.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A interpretación ou modificación, no caso de precisala, das presentes Bases, é un dereito exclusivo do Concello de Verín.

21 de outubro de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.