publicidade hoxe

O Concello de Cotobade emprende unha nova campaña de limpeza en viais municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Goberno Municipal coordinará a execución de labores de roza e limpeza dos viais municipais de todas as parroquias.
As alternancias de chuvias e de bo tempo facilitaron a proliferación de maleza nas marxes das pistas e camiños municipais, así como en numerosas cunetas de terra.

Os labores de roza serán executados por dúas brigadas de operarios contratarvos a través dos Plans de Emprego Provinciais e da subvención concedida pola Consellería de Traballo para a contratación de persoas con prestación RISGA, para a que foi concedida ao Concello de Cotobade a contratación de 5 persoas.

Ademais, dous tractores realizarán labores mecánicos nas principais estradas de titularidade municipal.

A intención do Goberno Local é que Cotobade luza unha boa imaxe de aquí á primavera.

O Goberno Local informa que durante este ano foron 35 as persoas que participaron na recuperación de rutas de sendeirismo, camiños veciñais que levaban anos pechados, a través dos operarios contratados polos 3 plans de emprego provinciais, a RISGA, a brigada de prevención de incendios e os voluntarios do Campo Internacional de Traballo.

Ademais, coa previsión posta na chegada das fortes xeadas do inverno, tamén se coordinará botar sal como no anterior inverno para paliar os problemas de deslizamento de vehículos a motor.

Cubela que este ano foi de gran traballo por parte de todas as persoas implicadas dende o concello ao ser un ano de alternancia de chuvias e bo tempo, o que facilita que naza máis rápido toda a broza forestal.

Así mesmo, o Alcalde de Cotobade resalta a implicación do Concello na tramitación de expedientes de oficio instruídos pola Alcaldía aos técnicos municipais para a execución de terreos particulares con abundante maleza preto das casas, instando os expedientes pertinentes.

28 de outubro de 2014 | 14:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.