publicidade hoxe

O Concello de Cortegada continúa apostando polo aforro enerxérico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegada
A-
A+

En colaboración con Inega, o Concello de Cortegada ven de instalar 136 novos puntos de luz con luminarias LED, que xunto cos 200 xa instalados, implica un sistema de aforro enerxético nun tercio do territorio do Concello. Este feito supuxo un aforro económico de 20.000 euros, dende o ano 2007 ata hoxe; a pesares dos continuos aumentos nas tarifas e, de que se aumentasen en 100 os puntos de luz; concretamente na zona do Balneario novo.

A instalación destas 136 luminarias implica que se pasase dun consumo de 13.600 watios a 3.400 watios, que a partir de agora redundará na factura enerxética.

A renovación tivo lugar na parroquia de Valongo, nos núcleos de O Casal, Ponte Trado, O Pazo, Outeiral e Leirado.

A inversión total foi de 59.817,77 euros, dos que o Concello aporta 9.000 euros.

31 de outubro de 2014 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.