publicidade hoxe

O campo municipal de fútbol de As Extremas vai tomando forma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Estado actual do campo de fútbol

Estado actual do campo de fútbol

O alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, informa que a colocación dos límites do terreo de xogo do campo de futbol 11 con liñas de cor branco xa está rematado e estase a proceder a colocación dos límites, con liñas de cor azul, dos dous campos de futbol 7.

O campo de fútbol 11 contará cun xogo de dúas porterías e dous banquillos e os campos de fútbol 7 contará cun xogo de dúas porterías cada campo.

As obras continuarán coa mellora e adecuación da estructura dos vestiarios xa existentes así como adecuación das gradas para o público mediante o pintado das mesmas e a colocación de asentos para o público.

23 de outubro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.