publicidade hoxe

O C.R.D.O. Ribeiro apoia a escena musical galega, aunando cultura de viño con demostracións musicais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acolleu hoxe a 26 programadores musicais que se achegaron a Galicia con motivo da celebración da Mostra Internacional das Músicas do Mundo, WOMEX, organizada pola Xunta de Galicia e que se celebra do 22 ao 26 de Outubro en Santiago de Compostela.

O programa Focus Galicia quere nutrir a experiencia cultural e gastronómica en Galicia destes importantes programadores. O grupo de programadores chegou sobre as 11.30 da mañana a bodega Viña Mein, no val do Avia, onde foron recibidos polo xerente da mesma, quen lles mostrou o proceso de produción dos viños desta histórica bodega. Despois harmonizouse o viño branco Viña Mein co jazz elegante de Abe Rábade trío. A comitiva desprazouse posteriormente a Adega Ramón do Casar, onde descubriuse a traxectoria e as características dos seus viños brancos, Ramón do Casar e Ramón do Casar Treixadura.

Alí os programadores musicais degustaron una comida tradicional a base de polbo, carne ao caldeiro, e café de pote. O artista Daniel Minimalia, acompañado con una formación composta por cinco músicos, ofreceu aos expedicionarios una actuación que serviu como sobremesa da visita. Posteriormente o grupo dirixiuse a Ourense onde ten previsto asistir a un concerto de CAXADE e CUARTETO CARAMUXO no Teatro Principal.

22 de outubro de 2014 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.