publicidade hoxe

O Burela FS imponse na pista bilbaína cos goles de Peque, Taina e Paula

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos da Casa tras imporse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local.

Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque. Con 2-0 renovouse a cita na segunda parte, sen modificacións no guión inicial, con xogo e ocasións burelistas. Con todo, o 0-3 fíxose esperar; a xoven Paula anotou o terceiro laranxa no minuto 35, de novo con axuda de Peque. As locais, sen xerar apenas perigo nas escasas saídas de balón das que dispuxeron, maquillaron o resultado final co 1-3 no minuto 37, de Esti, desde saque de esquinas.

Ficha técnica

Bilbo FS: Sandra, Andrea, Diana, Eva e Esti (quinteto inicial). Tamén xogaron Ixone, Elena, Isa, Vicky e Daniela.

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Tainã, Kiko, Lara, Cris, Paula

Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 16, Taina; 0-3, minuto 35, Paula, 1-3, minuto 37, Esti

Cartóns: Por Bilbo amarela a Eva (minuto 35) e Dani (minuto 38)

19 de outubro de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.