publicidade hoxe

O Barco Muralla da Deputación fai parada na residencia da terceira idade de Láncara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLugo
A-
A+
Barco Muralla en Láncara

Barco Muralla en Láncara

O Barco Muralla da Deputación de Lugo fai este sábado unha parada na residencia da terceira idade A Veiga de Láncara para achegar o patrimonio natural lucense aos maiores deste centro. A aula lúdico medioambiental daralles a coñecer o entorno natural que os rodea e os seus recursos naturais, paisaxísticos e socioeconómicos. A Deputación quere que nenos e maiores de toda a provincia aproveiten as instalacións da aula móbil para coñecer a provincia e que o fagan dun xeito ameno realizando actividades didácticas relacionadas coas Reservas da Biosfera e a Ribeira Sacra.

En cada unha das súas paradas, desenvólvense talleres, como o de Memorias da terra, que consiste na recollida de contos e historias de tradición oral relacionadas coa terra na que viven os asistentes ou o medioambiente… Tamén se realizan manualidades medioambientais e visualización de vídeos das Reservas, entre outras accións formativas.

Como solicitar a aula

O Barco Muralla percorrerá toda a provincia achegándose a colexios, residencias e asociacións interesadas no coñecemento e coidado do patrimonio natural lucense. Os interesados en solicitar a súa visita deben enviar un correo electrónico a aulabarcomuralla@deputacionlugo.org

Este proxecto, que botou a andar hai xa catro anos, está enmarcado dentro do programa LugO2 do organismo provincial, cofinanciado nun 80% polos fondos europeos FEDER. Entre os seus obxectivos principais está a posta en valor dos recursos naturais existentes na provincia, a aposta por un desenvolvemento sostible e a procura dun equilibrio entre a actividade humana e a natureza.

25 de outubro de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.