publicidade hoxe

O Auditorio de Ourense acolle o xoves a obra André y Doriné

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

O xoves día 23 ás 20.30 h, o Auditorio Municipal acolle o espectáculo André y Doriné, da compañía Kulunda teatro. Esta obra teatral nos mostrará a vida de dous anciáns, que ven truncada a súa monotonía coa irrupción da enfermidade do alzheimer. Isto os leva a replantexarse a relación para reencontrarse con quenes foran antes, con quenes son agora. Unha fermosa peza comprometida coa realidade social, que conta cun importante recoñecemento internacional tras visitar máis de 16 países nos últimos dous anos. Toda a información está no seguinte enlace: www.kulunkateatro.com.

Posteriormente, o domingo 26 ás 12 h, terá lugar a actuación Croa de Bicharracos Teatro, dirixida ao público infantil.

As entradas para estes espectáculos pódense adquirir en www.servinova.com ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes da función.

A maiores desto, o venres 24 ás 20 h, celébrase o habitual concerto da Banda Municipal na Sala Ánxel Valente.

Espazos Expositivos

Durante todo este mes seguirán abertas ao público a exposición Novais, no Auditorio, e ás XXVI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, no Museo Municipal. Nese mesmo espazo esta semana quedará exposta unha nova peza – a do mes de outubro – do proxecto solidario Vidas Entrecruzadas.

21 de outubro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.