publicidade hoxe

O Acanor Novás quere endereitar o curso a conta do Calvo Xiria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Rosal
A-
A+

Non está tendo o inicio soñado o Acanor Novás, que nestes dous encontros xa perdeu máis puntos que en toda a tempada pasada. A día de hoxe suma un punto de cuatro posibles, trala derrota pola minima ante o Chapela e o punto colleitado o pasado fin de semán na Coruña.
Xogadores e corpo técnico xa se conxuraron para olvidar “Ese último cuarto de hora ante o OAR, no que tiramos pola borda o traballo dos primeiros 45 minutos, fallando demasiados lanzamentos claros na portería contraria” como apunta o gardaredes Kevin García, e so pensan no rival de este sábado, o Calvo Xiria de Carballo, outro dous equipos chamados a acabar na parte nobre ao remate da liga, e que o último ano rematou na segunda praza.

Para o meta do Morrazo será sen dubida “unha das citas máis complexas da tempada, polo rival que teremos enfrente e pola necesidade que temos de sumar os dous neste momento. Os de Carballo son un equipo que leva moito tempo xogando e saben moi ben exprimir as suas virtudes”.

O equipo que adestra Marcos Rodriguez continua na quenda dos últimos anos, cun plantel conformado, a pesar das baixas, por xente da canteira e coa volta a casa de Pablo Iglesias despois do seu paso polo Frigorificos Cangas o último ano.

O seu obxectivo, ao igual que o do Novás, pasa por xogar o sector de ascenso, polo que Kevin apela máis que nunca a unión. “Temos que ser un equipo e demostrar que non só valemos para recibir os bos momentos se non tamén os malos. Hai que vencer este sábado e despois traballar para correxilos defectos que temos e pelexar cada encontro coma se fose unha final, xa que as plazas para a fase van a estar caras”.
Modesto Augusto, que volverá a contar coa baixa de Manu Martinez, coida que sacaremos a situación adiante, xa que “o vestiario está con ganas de que chegue o fin de semán”.

A directiva, pola sua parte, agarda unha boa entrada como de costume, nun encontro que volverá a xogarse no horario habitual, as 19:00 h.

Xusto despois do debú en liga do filial, que se verá as caras por terceira vez neste mes co segundo equipo do Seis do Nadal, a partir das 16:30, logo das boas sensacións deixadas na Copa Federación.

Pola mañá do sábado tamén está previsto a estrea dos alevíns e infantiles, en Lavadores, as 10:00 e 11:00 respectivamente.

E para unha semán cargada de balonmán, o domingo en xornada matutina, continua a preparación dos cadetes e xuvenís, que reciben no Rosal aos seus homólogos do Balonmán Tui.

1 de outubro de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.