publicidade hoxe

O Acanor Novás encadea dúas victorias seguidas e sube posicións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesO Rosal
A-
A+

O equipo de Modesto Augusto volve a sumar os dous puntos e pouco a pouco vaise achegando a cabeza da taboa clasificatoria.

Coas baixas de Alex Tsybanev, por proceso gripal e Manu Martínez, no último tramo da recuperación da sua lesión de ombreiro, visitaba o Novás con moito respeto a pista do Vitaldent, que ata onte estaba por encima do equipo rosaleiro.

O inicio do Acanor foi fulgurante (1-4 no minuto 5) e os case trinta espectadores que se desplazaron antoxaban un encontro placido, pero non foi así. O Vitaldent, deu mostras da sua veteranía, e coa parella Javi Suarez-Fernando Rey, fixo dano ata o punto de igualala contenda e incluso situarse por enriba (11-10 minuto 20).

Foi ahí cando Modesto decididu parar o encontro, conseguindo o resultado esperado. De ahí ata o minuto 50 o Novás pasou por enriba claramente. O parcial neses 30 minutos foi de 8-18, merced a unha boa defensa. En ataque o home máis inspirado foi o capitán Ramón Martinez.

Nos últimos dez minutos, a relaxación permitiu ao Balonmán Pontevedra maquillar o resultado.

Con esta victoria o Acanor situase na quinta plaza, a tres puntos de Seis do Nadal e Cisne, que son os únicos contan os seus encontros por victorias.

En liñas xerais volveu a ser un fin de semán moi positivo en todalas categorías. O filial acadou os dous puntos na salida a Lavadores, e situase como lider. Os de Manolo Armán seguen nun momento doce.

Os Xuvenís

Tamén o equipo xuvenil, o Xanelux-Novo Portiño Novás que no último amistoso de esta pretempada foi capaz de vencer en Poio (30-31), ao igual que o equipo infantil que segue en un gran estado de forma e impuxose ao Ribadavia comodamente (24-10), equipo contra o que os seus homologos alevíns empataron a dous tempos.

Os únicos que non foron capaces de doblegar ao seu rival, foron os de Victor Armán, que recibían na mañán do sábado ao potente Lavadores, que chegaba como favorito ao encontro.

13 de outubro de 2014 | 15:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.