publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Melloras no alumeado público de Fornelos de Montes para aforro enerxético

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFornelos de MontesPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra financiará os traballos de mellora do alumeado público de Fornelos de Montes, cunha subvención de 20.100 euros concedida no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

Os traballos teñen por finalidade renovar os elementos deteriorados da actual rede e aplicar medidas de aforro enerxético, que permitan racionalizar o consumo.

Así, substituiranse os postes e cableado que estean en mal estado e instalaranse lámpadas LED para aforrar enerxía.

Ademais, dotarase o alumeado público dun sistema de control por reloxos astronómicos, que se instalarán nos lugares de San Vicente, Freaza, San Mauro, Ventín, Soutosico e Alemparque.

Estes serán os primeiros núcleos de poboación nos que está previsto aplicar as medidas de aforro enerxético, por ser os que rexistran consumos máis elevados.

Neste sentido, os reloxos astronómicos permitirán regular automaticamente o acendido e apagado do alumeado en función do orto e o ocaso.

20 de outubro de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.