publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente solta 7.000 exemplares de pintos de salmón no río Tea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondarizPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas procedeu esta mañá á solta de 7.000 exemplares de pintos de salmón da estación da Freixa, en Ponteareas para repoblar o río Tea, ao seu paso polo Concello de Mondariz.

Está é unha das medidas que a Xunta estableceu para recuperar o estado ambiental e ecolóxico, despois do vertido accidental de sosa cáustica producido o pasado 1 de agosto.

Esta medida vén a complementar a solta, no pasado mes de setembro, de 37.000 exemplares de angulóns de anguía europea procedentes da Piscifactoría de Carballedo para conseguir unha recuperación deste tramo do río Tea. Con estas dúas soltas, a Dirección Xeral de Conservación pretenden potenciar a repoboación natural das especies.

30 de outubro de 2014 | 15:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.