publicidade hoxe

Manuel Blanco Guerra faise co premio á mellor serie fotográfica de Raigame 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, en calidade de organizadores da Romaría Etnográfica Raigame, que este ano alcanzou a súa 13 edición, fallaron estes días o premio de fotografía que cada ano se convoca con motivo da súa celebración o 17 de Maio, antes da inauguración da exposición fotográfica que tamén se celebra anualmente con motivo do Outono Fotográfico e que será aberta ó público o sábado 1 de Novembro, ás 12,00 hrs na Sala dos Arcos do Concello de Celanova baixo o título tradicional coa que se presenta esta mosta “Estampas dunha romaría” e na que se fará entrega dun diploma acreditativo a todos os premiados.

Vistos os traballos presentados, o xurado reunido o 5 de setembro de 2014 en Celanova decidiu conceder os seguintes premios:

Premio de 500€ á mellor serie fotográfica ao traballo titulado O home das fotos de Manuel Blanco Guerra, do Carballiño-Ourense.

1º Premio á mellor fotografía (300€) ao traballo titulado Paraugas de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo-Pontevedra.

2º Premio á mellor fotografía (250€) ao traballo titulado Zocos de Ana Iglesias, de Ourense.

3º Premio á mellor fotografía (200€) ao traballo titulado Lembranzas de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.

Ademais disto, o xurado acordou conceder accesits (consistentes na selección para a exposición Estampas dunha romaría dentro da programación do Outono Fotográfico) aos traballos de:

Luis Alberto Prieto Arias de Ourense, pola súa serie Grazas cesteiro

Manuel Pazos Vázquez de Marín-Pontevedra, pola súa serie Cantar Cantarei

José Ángel Paz Gil de Cangas do Morrazo-Pontevdra, pola súa serie Xeracións, a alma dun pobo

Ana Iglesias de Ourense, pola fotografía Fiandeiras

Breogán Rodríguez Ramos de Xinzo-Ourense, pola fotografía Maneira de vivir

Luis Alberto Prieto Arias de Ourense, pola fotografía Sen título

Isabel Janeiro Touriño do Carballiño-Ourense, pola fotografía Zoca

Noelia Pilar Álvarez Padrón do Carballiño-Ourense, pola fotografía Fotografía nas mans da experiencia

José Manuel Nóvoa Blanco de Ourense, pola fotografía Enmarcado no traballo

Manuel Blanco Guerra do Carballiño-Ourense, pola fotografía O home orquestra

Mª Ascensión Rodríguez Nóvoa do Carballiño-Ourense, pola fotografía A tía e a súa irmá

A exposición estará do 1 ao 30 de Novembro no concello de Celanova e do 1 ao 31 de Decembro no CCP Xaquín Lorenzo de Ourense.

21 de outubro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.