publicidade hoxe

Juárez confirma que se investiga se o atentado de Baralla é de membros non fichados de Resistencia Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaSucesos
A-
A+

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, confirmou que se baralla” a posibilidade de que os autores do atentado de Baralla (Lugo), que causou danos na Casa Consistorial, sexa realizado por membros “non fichados” de Resistencia Galega.

   A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa asistencia á apertura do Ano Xudicial no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), reiterou que hai “unha investigación ampla” por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

   En canto á autoría, precisou que, nestas investigacións, “barállase a opción de que non sexan membros fichados da organización. Na mesma liña, indicou que é “bastante lóxico” que así sexa.

   “Porque a maior parte dos membros coñecidos están en prisión”, engadiu o delegado do Goberno, quen, por outra banda, admitiu que un atentado así “é fácil” cometelo ao non requirir “moita infraestrutura”.

3 de outubro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.