publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ingresa en prisión o segundo dos supostos atracadores dun banco en Moeche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoechePortada dereitaSilledaSucesos
A-
A+

O xuíz de Ortigueira (A Coruña) decretou este mércores o ingreso en prisión do segundo suposto atracador que hai unha semana, o pasado 1 de outubro, asaltou a punto de pistola a sucursal do Banco Santander en Moeche.

   A captura produciuse na localidade pontevedresa de Silleda, cando se atopaba no domicilio da súa parella sentimental. O agora detido e encarcerado ten numerosos antecedentes e mesmo se fuxiu do cárcere tras gozar dun permiso penitenciario.

   Horas máis tarde do atraco, xa na tarde do mércores, foron detidos outros dous homes, un de Narón, de 40 anos, que foi enviado a prisión, onde permanece dende o venres da pasada semana, día 3 de outubro, e outro de Ferrol, de 30 anos, que quedou en liberdade con cargos, coa obriga de comparecer quincenalmente en dependencias xudiciais e que supostamente foi o encargado de conducir o vehículo no que escaparon tras o atracou, do que fuxiron cun botín de 56.000 euros.

8 de outubro de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.