publicidade hoxe

Inaugúranse os cursos federativos de fútbol e fútbol sala en Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O IES Monte Castelo acolleu onte a inauguración oficial do Curso 2014-15 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. Xunto ao profesor da Escola Galega de Adestradores e preparador físico do CD Burela FS Pescados Rubén, Alfonso Mera, abriron o ciclo o vicepresidente da entidade laranxa, José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, e o director do centro educativo anfitrión, Marcelino Luna.

Un total de 23 alumnos recibirán ata finais de maio de 2015 as ensinanzas de adestrador na localidade mariñá, con 14 matriculados no Nivel 1 de Fútbol e 9 no Nivel 1 de Fútbol Sala. O bloque común para ambos os ciclos rematará o 17 de decembro, tratando as materias de Fisioloxía e Primeiros Auxilios, impartida polo médico Javier Fernández Couce; Psicopedagoxía e Socioloxía, a cargo de Marcelino Luna; e Educación Física de Base, co profesor do IES Monte Castelo Roberto Ramallal.

21 de outubro de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.