publicidade hoxe

Festividade de San Martiño no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Dentro da programación de actividades previstas para a conmemoración de San Martiño destacamos o concerto ofrecido pola Banda de Música do Grove na praza do Corgo (fronte ao Concello) ás 17:30 h o sábado 15 de novembro.

Ese mesmo sábado lerá o pregón das festas Guillermo Campos, da revista HG&T, actuará a orquestra Solara e o grupo de baile Cantodorxo.

Tamén a partir das 21:30 terá lugar a Gran Verbena a cargo de Solara e o grupo Yukatán na mesma praza do Corgo. O recinto está cuberto por unha gran carpa.

O día antes, o 14 de novembro, haberá un Magosto Popular e animación infantil a partir das 17:30 h. n praza do Corgo e ás 21:30 verbena coas orquestras Royal de Galicia e Los Satélites.

31 de outubro de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.