publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un home en Coirós tras envorcar un tractor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCoirósLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home foi localizado falecido na madrugada deste venres en Coirós (A Coruña) tras envorcar o tractor co que se econtraba cargando terra nunha leira da súa propiedade.

   Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, foi a familia do home a que deu a voz de alarma despois de que, ao chegar a noite, non regresase ao seu domicilio, no lugar de Chas.

   Os axentes da Garda Civil acudidos no lugar desprazáronse até a leira na que o home cargaba terra e, ao redor das 4.00 horas, localizaron o tractor e o remolque envorcados e á vítima debaixo deles.

   No lugar foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos para liberar o corpo do home e, posteriormente, efectivos sanitarios do 061-Galicia, confirmaron o falecemento.

3 de outubro de 2014 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.