publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Evacuada unha muller con queimaduras tras arder unha fretidora en Cariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCariñoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Unha muller foi evacuada polos servizos sanitarios para ser atendida das queimaduras de aceite que sufriu nun brazo ao incendiarse unha fretidora que tiña ao lume no seu domicilio de Cariño, na Coruña.

   Diso informou o CAE 112 Galicia, que precisou que en incendio ocorreu nun domicilio da rúa Landín Carrasco sobre as 22,20 horas da noite do sábado.

   Aínda que os Bombeiros do Eume recibiron o aviso da presenza das chamas non foi necesaria a súa intervención, dado que o lume xa fora sufocado polos veciños do inmoble e os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramucipal.

   Ademais, ao lugar tamén se trasladaron efectivos da Garda Civil para estudar a orixe das chamas, que se iniciaron o a freidora que nese momento a muller tiña ao lume para cociñar.

26 de outubro de 2014 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.