publicidade hoxe

Este domingo Pontevedra encherá as rúas de corredores coa celebración do Medio Maratón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXa queda moi pouco para que se dea o pistoletazo de saída á 19 edición do Medio Maratón de Pontevedra. Os 21.097 metros, que teñen que afrontar os 1.636 participantes inscritos, celebraranse o domingo a partir das once da mañá e os máis atrasados na carreira empregarán algo máis de dúas horas en dar as dúas voltas ao circuíto que planificou a organización.

O Instituto Municipal de Deportes e a Sociedade Ximnástica, afrontan a organización da carreira coa resposta positiva dos atletas, que un ano máis volven sumar máis corredores que a edición anterior.

A novidade máis importante é o cambio de circuíto con respecto ás últimos edicións, cámbiase o sentido do mesmo e elimínase a zona da Universidade e para compensar engádese a Avenida de Uruguai, até as Corbaceiras.

A saída efectuarase desde a ponte dos tirantes, para entrar na Avenida de Buenos Aires, deixando o río Lérez á dereita. Son algo máis de 10 quilómetros os que percorrerán os corredores en cada unha das dúas voltas ao circuíto e ingresarán no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, por cálea Pai Fernando Olmedo para a meta, situada na pista de atletismo.

Atentos ás rúas da carreira porque desde as 10:30 horas pecharanse completamente ao tráfico e até pasada as 13:30 horas non se volverán a abrir.

Saída na ponte dos Tirantes, avd. de Buenos Aires, Valentín García Escudeiro, Real, praza de Curros Enríquez, rúa dos Sportales, Odriozola, praza da Peregrina, rúa Peregrina, Andrés Muruáis, Andres Mellado, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alcalde Hevia, Igrexas Vilarelle, Paseo do Gafos, Rúa Xeral Rubín, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, rúa Augusto González Bicada, Marques de Riestra, Praza de España, cale Arcebispo Malvar, Travesía de Galera, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Uruguai, Rotonda de San Roque, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Buenos Aires, Ponte de Santiago, rúa Fernández Cochón, Alejandro Bóveda, Ponte dos Tirantes, Avda. de Buenos Aires, Praia de Monte Porreiro, Avda. de Buenos Aires, Rotonda Sur da Ponte dos Tirantes e comezo da segunda volta.

Ao concluír a segunda volta, entramos en liña de meta desde o último paso pola Rotonda Sur da Ponte dos Tirantes, cara a cálea Pai Gaite, Pai Fernando Olmedo e acceso ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Agradecer a colaboración de Froiz, Coca Cola, CGTD Xunta de Galicia, Cruz Vermella e Os Voluntarios; que pon o seu esforzo para que a carreira sexa un éxito.

É difícil falar de favoritos para a vitoria final, en homes, Robertas Geralavicius e Manuel Furtado e en Mulleres Leticia Fernández e Sara Pérez; a priori son os mellores colocados para gañar.

Para un mellor seguimento da carreira, na páxina web, championchipnorte.com; haberá un control por GPS da cabeza de carreira, tanto masculina como feminina.

Polas últimas estimacións metereológicas parece ser que non nos visitará a choiva destes días, talvez poida caer algo pero non causará moitas molestias e a temperatura será agradable.

Desde este venres pola tarde e durante o sábado, entregaranse os dorsais aos corredores no Pavillón Universitario, tamén o domingo pola mañá, pero só aos que veñen de fóra de Pontevedra.

Esta será a última carreira do CCCP 2014 e coñeceremos a clasificación final do mesmo.

17 de outubro de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.