publicidade hoxe

Eduard Velasco faise co primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

Eduard Velasco natural  de L´Hospitalet de Llobregat e residente en Santiago alzase como gañador da III edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Mentres o tacto”.

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “Marchamos” da que é autor, Gonzalo Hermo González de Rianxo.

José Antonio Grela Martínez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Renovatio”. José Antonio Grela é de Santiago de Compostela.

A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 8 de novembro segundo o seguinte programa:

12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.

12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.

12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

27 de outubro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.