Concienciación sobre a reciclaxe no CEIP Padre Feijoo de Allariz
Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Allariz e a asociación ADEGA, mañá martes 21 de outubro realizarase unha xornada de cooperación, reciclaxe e concienciación sobre o lixo.
O Colexio Público Padre Feijoo de Allariz acollerá esta xornada na que se impartirán obradoiros por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, e o Centro de Educación Ambiental O Rexo.
A xornada comezará ás 10:30 h. e alongarase o longo de toda a mañá con obradoiros para los alumnos de 3º a 6º de Primaria. Un obradoiro de compostaxe, unha xincana dos residuos, un mural con información sobre os diferentes contenedores e compostaxe e un xogo de separación serán as actividades que realizarán os escolares durante toda a mañá.
Paralelamente haberá unha exposición no centro escolar que ten como obxectivo concienciar sobre a recuperación, reciclaxe e reducción de residuos. Está exposición logo rotará por outros espazos municipais.