publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Charla para coidadores de persoas dependentes en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando Á Par, entidade sen ánimo de lucro que está a desenvolver proxectos destinados á poboación en xeral dende unha perspectiva sociofamiliar e educativa, celebrará unha charla-coloquio o vindeiro luns día 4 de novembro na Biblioteca Municipal ás 20,00 horas, que será impartida por un dos seus colaboradores, o profesor Carlos Vila Lago.

Jose Expósito, presidente da Asociación Medrando Á Par, apunta que, sendo cada día máis as persoas que deben coidar dunha persoa dependente na súa familia, existe a necesidade de apoiar a aquelas familias que están a vivir esta situación, sendo conscentes de que o primeiro paso para coidar ben a un familiar é coidarse a un mesmo.

As familias adoitamos pensar qua ninguén como nós pode coidar a esa persoa dependente, que cun pouco de esforzo esa persoa estará moi ben coidada, xa que é un labor que significa dedicación, esmero, entrega de tempo e afecto cara á persoa coidada; e quen senón alguén como nós para proporcionalo.

Pero a entrega e a dedicación non chegan; con moita frecuencia atopamos que a persoa cuidadora esquécese dela mesma e con frecuencia prodúcese unha sobrecarga que de non abordala pode desencadear en problemas de saúde, depresión, dor crónico, illamento, etc.

Nesta sesión de formación/charla preténdese que as familias sexan capaces de aliviar a tensión emocional acumulada ao longo do tempo, romper o illamento que se asocia á tarefa de coidar a un dependente, pedir axuda, buscar a forma de recuperar as actividades sociais e de lecer, afastar ou eliminar os sentimentos de culpa, comprender e aceptar os sentimentos positivos e negativos derivados da tarefa de coidar; en definitiva, dar unhas ferramentas ao cuidador para que se coide e así poida dar ao dependente os coidados máis axeitados.

29 de outubro de 2014 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.