publicidade hoxe

Cabalos, música e xogos na II Ruta Cabalar de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén organiza os próximos días 4 e 5 de outubro a súa II Festa Cabalar. Unha celebración que pretende reunir tanto aos afeccionados ao mundo equino como ao resto de veciños da comarca. Para o encontro habilitarase unha zona de acampada con baños e duchas para albergar aos xinetes e as súas monturas.

As actividades comezarán a tarde do sábado coa celebración dunha xincana popular na que poderán participar todos os asistentes de maneira gratuíta. Ao redor das 22:00 horas, con todos os xinetes xa acomodados, organizarase unha pequena cea con prezos populares. Despois dun breve descanso para repousar a comida, sobre as 23:00 horas, dará comezo o concurso de enganche de cabalos no que os mellores xinetes da comarca poderán demostrar as súas habilidades.

O domingo, a partir das 10:00 horas, terá lugar a ruta cabalar polos montes de Pazos de Borbén. Todos os participantes recibirán un bocadillo e un refresco como aperitivo para o paseo. A participación no paseo é totalmente gratuíta pero advírtese que os donos deberán facerse responsables dos posibles danos ocasionados polo seu cabalo.

Despois da ruta os xinetes volverán á zona de acampada, onde gozarán dun clásico menú campestre por 13 euros que inclúe a comida, bebida, pan, sobremesa e chupito. Despois da comida, ao redor das 16:00 horas, celebrarase un sorteo entre todos os participantes cunha gran variedade de premios.

O prazo de inscrición, tanto para reservar praza na zona de acampada como unha mesa na comida, termina o 3 de outubro. Os interesados en recibir máis información e formalizar o seu reserva poden facelo a través delos teléfonos 654 524 490, 638 794 317 e 630 334 077.

1 de outubro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.