publicidade hoxe

Buscan a unha adolescente que falta do seu domicilio en Ferrol desde hai unha semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

buscan-adolescente-desaparecida-ferrolFamiliares, amigos e axentes da Policía Local de Ferrol tratan de localizar o paradoiro dunha menor de idade, de 13 anos, que falta do seu domicilio desde o pasado mércores día 15.

Nesta xornada de mércores, unha semana despois da súa desaparición, solicitouse a colaboración cidadá, a través das redes sociais, para tratar de localizar á xoven.

A moza desaparecida, de nome Alba, mide 1,60 metros, ten pelo longo, castaño e liso e, segundo os seus coñecidos, ten ademais complexión atlética.

Polo momento descoñécese o motivo da súa desaparición do domicilio familiar, situado en San Juan, nas proximidades da igrexa parroquial, no municipio de Ferrol.

22 de outubro de 2014 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.